sábado, 1 de diciembre de 2012

Os Petroglifos.

Durante a época megalítica apareceron uns gravados nas rochas que hoxe chamamos petroglifos. Estes debuxos teñen moitas e moivariadas formas e mesmo algúns so son visibles se nos acercamos a unha determinada hora do día.
¿Por que facían esto?¿Era unha forma de comunicarse?¿Unha forma de culto relixioso? Aínda hoxe non se sabe con seguridade pero o que está claro é que abundan por todo o mundo. En Galicia hai moitísimos petroglifos prova da grande actividade desta cultura na nosa terra, de feito incluso existen algúns grupos que reúnense de vez en canto para pintar os símbolos que pódense ver nos petroglifos en facer rituais.
Estes símbolos poden ser círculos concentricos ou espirais, debuxos de animais, raias en zig-zag ou onduladas, debuxos de ídolos relixiosos e mesmo debuxos de armas e ferramentas pero o máis sorpendente de todo isto é que aparezan símbolos que son moi coñecidos hoxe en día coma un moi parecido a esvástica nazi.
Un dos máis famosos de todos os petroglifos galegos é o da pedra da Moura que só é visible durante o mediodía o que nos leva a pensar como de importante era o sol na súa cultura e como tiñan semellante habilidade para talla un debuxo que só fose visible cando o sol estaba en tal posición. Simplemente dáme curiosidade.
Aquí deixovos un vídeo dos petrglifos do labirinto de Mogor en Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario