sábado, 1 de diciembre de 2012

Cultura Megalitica, máis actual do que cres.

Cando lle dicimos a unha persoa que debémoslle moito a cultura megalítica de seguro pensará:" ¿Que raios lle debo eu a unhas rochas a medio enterrar no chan?". Pois a resposta é ben simple.

Primeiramente a construcción de todas esos dolmes, cromlech e menhires por toda a Europa mediterránea e grande parte de Inglaterra que son obxeto de estudo actual debido a súa complexidade e ao feito de que aínda non se sabe con certeza a sua función principal.Ademáis aínda hoxe se fan películas nas que aparecen elementos megalíticos coma escenarios e algúns destes elementos incluso son famosos porque ¿Quen non oiu nunca falar de Stonehenge?

Segundo pola sua influencia na gastronomía actual posto que tan só basandonos nos cereais podemos falar de que inventaron cosas tan comunes hoxe en día coma os fideos ou tallaríns ou espaghettis que xa existían en China fai seis séculos ou a cervexa que apareceu en Irán fai 5500 anos, se isto aínda non fose suficiente aquí em Galicia temos grazas a eles cousas coma as filloas ou a empanada, mesmo o caldo é unha invención deles. Despois de saber isto non creo que ninguén sexa capaz de dicir que non sabían comer.

E por último as ferramentas. Hoxe aínda usamos os sachos ou as fouces para cultivar, pois esas ferramentas foron invento dos habitantes da época megalítica se ben os seus non eran de aceiro ou ferro senón de pedra ou mesmo madeira. Tamén os martelos proveñen desa época. Ademáis eles xa inventaran a cerámica, os xarróns de hoxe non son moi distintos dos deles por non dicir que son idénticos. Entrando xa no tema de decoración eles xa usaban brazaletes e pulseiras de ouro que máis de un desexaria ter para seu.

Para rematar é necesario dicir que aínda hoxe conservamos festas da súa cultura coma poden ser o Samaín, San Xoan, os Maios, A festa da colleita ou o entroido.

Finalizo dicindo que a cultura megalitista perdura aínda hoxe e seguirá facendoo mentres conservemos os regalos que nos deixaron en forma de herencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario