domingo, 2 de diciembre de 2012

Lendas Galegas.

Na cultura galega temos milleiros de lendas, todas diferentes segundo a provincia ou mesmo o concello onde nos atopemos, pero estas lendas non son mais que crenzas dos antigos poboadores de Galicia que chegaron a nos contadas de pais a fillos durante séculos.

Unha destas lendas é a da Santa Compaña que é unha procesión de mortos dirixida por un vivo que a medianoite sae ós camiños e todo aquel que a vexa morrerá no prazo dun ano, tamén dise que podese evitar a morte se cando se ve a Santa Compaña debúxase un circulo no chan e metese un dentro.

Tamén é oi coñecida a lenda dos mouros que según se conta eran os primeiros habitantes de Galicia pero cando chegaron os nosos antepasados fóronse ou oultárnse baixo a terra. Segundo a lenda os mouros eran invisibles es só se podian ver ao mediodia ou en San Xoan, posto que aquel que os vise tiña dereito a pedirlle unha parte do tesouro que supostamente gardaba.

Temos tamén as múltiples lendas da serpe que segundo se di eran mozas extremadamente fermosas que cando estaban cerca da pedra na que vivian transformábanse en serpes cunha flor na boca. Esta lenda é tan común por toda Galicia que mesmo Cuevillas escribíu sobre ela:"A xente conta que na Pedra da moura (un dos petróglifos de Outeiro da Mina) habitan dúas mouras moi fermosas que se converten en serpes. Din que estas damas belidas gustaban de ir á festa, como o común dos mortais, e cando regresaban para o monte acompañadas dalgún mozo, pois a súa fermosura era engado para acompañantes, ó chegar un pouco antes da devandita pedra parábanse e non deixaban que os mozos as acompañaran máis aló. Un día un destes pretendentes non fixo caso e seguiunas ata a pedra e cal foi a súa sorpresa cando viu que as mouras que acompañara esa noite se transformaban en serpes arrepiantes e desaparecían na peneda. Tamén contan que outra vez unha destas mouras díxolle ó seu pretendente que era víctima dun feitizo e que debía axudala a romper co pesado encantamento. A moura díxolle ó rapaz que a seguise ata a pedra e que pasase o que pasase non se asustara. Así fixo o mozo, pero tan pronto chegaron á pedra, a moura transformouse en serpe e amosouse ante el con tal repugnate fasquía e un caravel nos beizos. O rapaz asustado saíu correndo sen cumpri-la súa promesa de axuda-la a se desencantar."Esta lenda está moi extendida debido a que por toda Galicia existen pedras con gravados de serpes nelas, a máis famosa é a Pedra da Serpe que está en Ponteceso.

Se ponémonos a falar de lendas comúns a toda Galicia temos que falar da lenda da trabe de ouro e a trabe de alquitrán que segundo se dí estaban nas covas dos mouros e aquel que desexase o ouro debería buscalas mais se encontraba a trabe de alquitrán morreria ahogado nel.Tamén existen outras variacións da historia coma que nun monte existen duas pedras moi grandes,unha chea de ouro e a outra de alquitrán, e se se abrise a de alquitrán este comezaría a brotar e inundaría o mundo. Esta lenda tamén foi escrita por Vicente Risco no seu libro A Trabe de Ouro e a Trabe de Alquitrán.

E para rematar temos que falar das Meigas que non son outra cousa que mulleres maiores adoradoras do diaño que representan o mal e botan maldicións as persoas. Algúns métodos para evitar a maxia das meigas é cravar unha herradura nas portas das casas (algo que aínda hoxe é moi común ver), ter un colar de ramas de muérdago, ter pedras aguxereadas ou posuir un trozo de corda de aforcado.

Todas estas lendas aínda son moi coñecidas hoxe en día sobre todo nos pobos aínda que esteñan algo modificadas debido ao cristianismo e o paso do tempo seguimos a ter unha cultura moi parecida a dos nosos ancestros.

Se aínda queredes saber un pouco máis aquí deixovos un vídeo que explicao todo.

sábado, 1 de diciembre de 2012

Os Petroglifos.

Durante a época megalítica apareceron uns gravados nas rochas que hoxe chamamos petroglifos. Estes debuxos teñen moitas e moivariadas formas e mesmo algúns so son visibles se nos acercamos a unha determinada hora do día.
¿Por que facían esto?¿Era unha forma de comunicarse?¿Unha forma de culto relixioso? Aínda hoxe non se sabe con seguridade pero o que está claro é que abundan por todo o mundo. En Galicia hai moitísimos petroglifos prova da grande actividade desta cultura na nosa terra, de feito incluso existen algúns grupos que reúnense de vez en canto para pintar os símbolos que pódense ver nos petroglifos en facer rituais.
Estes símbolos poden ser círculos concentricos ou espirais, debuxos de animais, raias en zig-zag ou onduladas, debuxos de ídolos relixiosos e mesmo debuxos de armas e ferramentas pero o máis sorpendente de todo isto é que aparezan símbolos que son moi coñecidos hoxe en día coma un moi parecido a esvástica nazi.
Un dos máis famosos de todos os petroglifos galegos é o da pedra da Moura que só é visible durante o mediodía o que nos leva a pensar como de importante era o sol na súa cultura e como tiñan semellante habilidade para talla un debuxo que só fose visible cando o sol estaba en tal posición. Simplemente dáme curiosidade.
Aquí deixovos un vídeo dos petrglifos do labirinto de Mogor en Marín.

Cultura Megalitica, máis actual do que cres.

Cando lle dicimos a unha persoa que debémoslle moito a cultura megalítica de seguro pensará:" ¿Que raios lle debo eu a unhas rochas a medio enterrar no chan?". Pois a resposta é ben simple.

Primeiramente a construcción de todas esos dolmes, cromlech e menhires por toda a Europa mediterránea e grande parte de Inglaterra que son obxeto de estudo actual debido a súa complexidade e ao feito de que aínda non se sabe con certeza a sua función principal.Ademáis aínda hoxe se fan películas nas que aparecen elementos megalíticos coma escenarios e algúns destes elementos incluso son famosos porque ¿Quen non oiu nunca falar de Stonehenge?

Segundo pola sua influencia na gastronomía actual posto que tan só basandonos nos cereais podemos falar de que inventaron cosas tan comunes hoxe en día coma os fideos ou tallaríns ou espaghettis que xa existían en China fai seis séculos ou a cervexa que apareceu en Irán fai 5500 anos, se isto aínda non fose suficiente aquí em Galicia temos grazas a eles cousas coma as filloas ou a empanada, mesmo o caldo é unha invención deles. Despois de saber isto non creo que ninguén sexa capaz de dicir que non sabían comer.

E por último as ferramentas. Hoxe aínda usamos os sachos ou as fouces para cultivar, pois esas ferramentas foron invento dos habitantes da época megalítica se ben os seus non eran de aceiro ou ferro senón de pedra ou mesmo madeira. Tamén os martelos proveñen desa época. Ademáis eles xa inventaran a cerámica, os xarróns de hoxe non son moi distintos dos deles por non dicir que son idénticos. Entrando xa no tema de decoración eles xa usaban brazaletes e pulseiras de ouro que máis de un desexaria ter para seu.

Para rematar é necesario dicir que aínda hoxe conservamos festas da súa cultura coma poden ser o Samaín, San Xoan, os Maios, A festa da colleita ou o entroido.

Finalizo dicindo que a cultura megalitista perdura aínda hoxe e seguirá facendoo mentres conservemos os regalos que nos deixaron en forma de herencia.